112km. Esta ruta foi feita nun día pero é aconsellábel realizala en dous días (unha fin de semana) para aproveitar mellor as praias e as paisaxes. Saída de Nantes en tren dirección Pontchâteau e volta de Le Croisic a Nantes tamén en tren. A ruta pasa polo Château de la Bretesche en Missillac para continuar dirección noroeste ata entrar no Morbihan bretón. A primeira vila de interese é La Roche Bernard, á beira do río Vilaine, co seu forte vikingo e a gran ponte sobre o río. Xiramos logo á esquerda para dirixirnos á desembocadura do río e volvelo travesar a través da présa de Arzal. De camiño ao Pénestin atopamos algúns tramos de estrada algo perigosos debido ao tráfico pero enseguida xiramos á dereita para, dende a fin do río, continuar seguindo toda a liña da costa ata La Turballe. Hai un sendeiro que segue toda a costa, pero é só para camiñantes, o que nos obriga a tomar pequenas estradas que ás veces se alonxan da liña do mar. Os puntos máis interesantes son a praia da Mina de Ouro cos seus acantilados ocres, perto de Pénestin, todavía na Bretaña e a vila de Piriac-sur-Mer, xa de novo na Loire Atlantique.
A partir da Turballe, deixamos a liña da costa para atravesar as salinas (les Marais Salants) de Guérande, vila moi recomendábel á que nós non nos achegamos nesta ocasión, antes de chegar a Le Croisic e dar unha última pequena volta da península seguindo, por última vez, a liña do mar. Track e altimetrías en Wikiloc. Galería de fotos e versión francesa a continuación (read more).
0 Comments
40km con saída e meta en Nantes. O camiño faise en dúas partes posto que para atravesar o río hai que coller o ferry no Pellerin. A ida é máis interesante aínda que hai algunhas pequenas costas e o camiño non segue paralelo ao río. A volta atravesa unha paisaxe industrial bastante fea. Pola contra, o camiño é completamente chan. Carril-bici con frecuencia e/ou pouco tráfico. Ideal para deportistas.
Track e altimetrías en Wikiloc. _ |