De Blois a Angers
Quilómetros totais: 286.17
Tempo total en bici: 14 horas e 18 minutos.
Nº de etapas: 3
Noites: 2
Cidades principais: Blois, Amboise, Tours, Chinon, Saumur, Angers
Puntos de interese turístico: O val e os castelos do Loira - Blois, Chambord, Chéverny, Chenonceau, Amboise, Villandry, Azay-le-Rideau, Rigny-Ussé, Chinon, Montsoreau, Saumur, Angers -.

Caderno de viaxe
Día 1. Luns, 10 de marzo de 2014.
BLOIS - AMBOISE
Quilómetros: 103,62
Tempo: 4h56m
Tempo: 4h56m
Comeza a viaxe en Nantes, onde collemos un tren ás 7 da mañá para chegar a Blois, punto de inicio da nosa pequena aventura. É un tren rexional (37,10€, 2h30 de viaxe) que permite levar as bicis sen ter que desmontalas. En case cada vagón hai un espazo acondicionado para dúas bicis que se amarran en vertical a un gancho na parede.
Blois é unha fermosa vila pola que paga a pena dar unha volta e achegarse ata o seu castelo. A oficina de turismo atópase ao lado (de frente á entrada, á dereita), onde teñen mapas gratuitos dos arredores de Blois coas rutas cicloturistas para visitar os castelos do lugar. Polo demais, e como temos xa constatado, en xeral nas oficinas de turismo teñen máis ben pouca idea acerca das posibilidades cicloturistas da rexión. Normalmente a resposta á nosa demanda de indicacións é "aquí temos uns folletos á venda...". Igual é que non poden ou non queren dar a información gratuítamente.

Nós poñémonos en marcha dirección nordeste, remontando o curso do río polos sendeiros da Loire à Vélo (un tramo bastante pesado e aburrido, por certo) até San Dye sur Loire, onde xiraremos á dereita pra adentrarnos nos bosques de Chambord. A chegada a Chambord é certamente impresionante. Unhas longas rectas atravesan o bosque e a silueta do castelo comeza a perfilarse ao lonxe, transformada a esas horas da mañá polo contraluz. Chambord é, ademais, un dos poucos "châteaux" que permite achegarse ata o pé mesmo do castelo (non hai altos valados rodeándoo) e mesmo dar unha volta arredor sen pagar a entrada. O castelo, como todos, é de pago (para os maiores de 26 anos), pero neste caso só para o interior e non para os xardíns.
Chegamos, pois, pola fachada norte do castelo e deixámolo atrás pola cara sur, a través dunha nova longa recta que nos leva ata a saída do bosque de Chambord. A próxima parada, o castelo de Chéverny.
Chegamos, pois, pola fachada norte do castelo e deixámolo atrás pola cara sur, a través dunha nova longa recta que nos leva ata a saída do bosque de Chambord. A próxima parada, o castelo de Chéverny.
Chéverny é probablemente o castelo máis pequeno e menos interesante de todos. Pero os fans de Tintín verán certas similitudes entre este castelo e o de Moulinsart. Hergé inspirouse de feito neste pazo pra debuxar o castelo dos ancestros do Capitán Haddock. O debuxo aseméllaselle moito, só faltan as dúas torres laterais. Este foi o único castelo no que entramos, por aquilo de ver na realidade o que tantas veces leramos nas bandas deseñadas do debuxante belga e porque había unha exposición sobre Tintín. A entrada ao castelo, 9€; a exposición 5€ máis. 14€ en total, bastante mal invertidos. A exposición non está mal, máis para aprezar en familia que en soidade, pero xunto co prezo do castelo, o conxunto é demasiado caro para o que é, na miña opinión.
Tras unha pausa pra comer, continuamos cara o castelo de Chenonceau. Despois do de Chambord, probablemente sexa o castelo máis bonito e espectacular. En forma de ponte sobre o río Cher, cunha longa entrada arbolada e uns xardíns de ensoño, probablemente sexa un dos poucos castelos para os que sexa necesario e interesante pagar, aínda que só sexa para velo por fóra, porque, de feito, a billetería está tan lonxe do castelo que a única maneira de achegarse é... pagando. A entrada custa 11 euros (8,50 con carnet de estudante).

Nós entramos ata os xardíns coa bici de maneira inconsciente pois, de feito, está prohibido. Eran as 17h30 da tarde e o castelo xa estaba pechado, pero as portas de acceso estaban abertas para permitir a saída da xente que aínda ficaba dentro. Dez minutos máis tarde (o tempo xusto de admirar o castelo e facer dúas fotos), un garda de seguridade nun carriño de golf acompañábanos amablemente ata a saída. Moito tempo tampouco estivemos, pero pagar... non pagamos!
Día 2. Martes, 11 de marzo de 2014.
AMBOISE - CHINON
Quilómetros: 94,48
Tempo: 4h45m.
Tempo: 4h45m.
Amboise amenceu fría e con vento e néboa. Unha mañá realmente desapacíbel para andar en bici.
Día 3. Mércores, 12 de marzo de 2014.
CHINON - ANGERS
Quilómetros: 88,07
Tempo: 4h30
Tempo: 4h30