77km. Comezamos na estación de tren de Saint Nazaire (un tren de/a Nantes cada hora, 12€) dende onde partiremos cara Guérande polo interior. Bordearemos o Lago du Bois-Joalland antes de adentrarnos no Parque Natural Rexional de Brière. O camiño, entre bosques e campos, non está demasiado transitado e é un paseo agradable ata a vila medieval de Guérande. A cidade posúe unhas murallas todo ao longo da cidade moi ben conservadas e paga a pena perderse polas súas rúas e parar pra descansar e tomar algo na praza da igrexa.
Guérande está nun pequeno alto, así que descenderemos para atravesar as Marais Salants (o sal de Guérande é un dos productos estrela da rexión) e chegar ao Croisic. Hai que dicir que nas marismas acostuma facer bastante vento. Unha vez no Croisic, vila que tamén merece unha visita, daremos a volta á península para xa non abandonar a liña de costa ata que cheguemos de volta a Saint Nazaire. As calas e praias sucederanse unha tras outra, salpicadas de pequenos acantilados e rochedos. Destaca a praia de la Baule, cos seus máis de 8 quilómetros e a praia de Saint Marc sur Mer, famosa pola rodaxe do filme "As vacacións do señor Hulot" e na que se atopa unha estatua do protagonista do filme mirando cara ao mar. Iso si, para aproveitar a praia, mellor coa marea alta. Track e altimetrías en Wikiloc.
0 Comments
34km. Aínda que todos os camiños que levan a Clisson merecen ser pedaleados (especialmente os camiños que transcorren entre a Sèvre, a Maine e os viñedos), a ruta que propoñemos aquí alónxase da Sèvre e fai un pequeno rodeo para achegarnos ata o Castelo de Goulaine (entrada de pago, adultos 9€) e ao estanque de Pont de l'Ouen e as marismas de Goulaine. Retomaremos logo a estrada do Pallet, con algo de tráfico, ata chegar a Clisson, onde podemos coller o tren de volta a Nantes (5,80€). Clisson é unha vila moi fermosa que ben merece a visita.
Track e altimetrías en Wikiloc. 112km. Esta ruta foi feita nun día pero é aconsellábel realizala en dous días (unha fin de semana) para aproveitar mellor as praias e as paisaxes. Saída de Nantes en tren dirección Pontchâteau e volta de Le Croisic a Nantes tamén en tren. A ruta pasa polo Château de la Bretesche en Missillac para continuar dirección noroeste ata entrar no Morbihan bretón. A primeira vila de interese é La Roche Bernard, á beira do río Vilaine, co seu forte vikingo e a gran ponte sobre o río. Xiramos logo á esquerda para dirixirnos á desembocadura do río e volvelo travesar a través da présa de Arzal. De camiño ao Pénestin atopamos algúns tramos de estrada algo perigosos debido ao tráfico pero enseguida xiramos á dereita para, dende a fin do río, continuar seguindo toda a liña da costa ata La Turballe. Hai un sendeiro que segue toda a costa, pero é só para camiñantes, o que nos obriga a tomar pequenas estradas que ás veces se alonxan da liña do mar. Os puntos máis interesantes son a praia da Mina de Ouro cos seus acantilados ocres, perto de Pénestin, todavía na Bretaña e a vila de Piriac-sur-Mer, xa de novo na Loire Atlantique.
A partir da Turballe, deixamos a liña da costa para atravesar as salinas (les Marais Salants) de Guérande, vila moi recomendábel á que nós non nos achegamos nesta ocasión, antes de chegar a Le Croisic e dar unha última pequena volta da península seguindo, por última vez, a liña do mar. Track e altimetrías en Wikiloc. Galería de fotos e versión francesa a continuación (read more). 40km con saída e meta en Nantes. O camiño faise en dúas partes posto que para atravesar o río hai que coller o ferry no Pellerin. A ida é máis interesante aínda que hai algunhas pequenas costas e o camiño non segue paralelo ao río. A volta atravesa unha paisaxe industrial bastante fea. Pola contra, o camiño é completamente chan. Carril-bici con frecuencia e/ou pouco tráfico. Ideal para deportistas.
Track e altimetrías en Wikiloc. _ |