63km. Esta ruta comeza e remata no concello de Ribadumia, aínda que podemos tomar calquera outro punto como lugar de inicio. Nós decidimos plantexar a ruta en sentido contrario ás agullas do reloxo, facendo así que a subida ao Castrove quede ao final da etapa por dous motivos: en caso de fatiga, sempre sería posíbel achegarse a Pontevedra e coller o tren de volta a Vilagarcía e, a razón máis importante, a baixada polo lado da Armenteira é menos técnica e permite realizar o descenso a maior velocidade. Ademais, as vistas son máis interesantes dende o lado da ría de Pontevedra e a lenta subida permite, xa que logo, recrearse con máis calma nas vistas e incluso parar a descansar cun agradable telón de fondo. Trátase dunha ruta que vai pola estrada costeira da cara norte da ría de Pontevedra, o que quere dicir que o camiño é agradable, posto que teremos o mar sempre á nosa dereita dende o momento que alcanzamos a praia da Lanzada, pero tamén que haberá moito tráfico e polo tanto, o traxecto será algo perigoso. En canto á dificultade, a ruta vai sempre sobre asfalto, pero a subida ao Castrove é bastante dura (ver máis abaixo os gráficos obtidos grazas a IBPindex). En calquera caso, o percorrido paga a pena. Os puntos máis interesantes son a praia da Lanzada e a súa capela, a vila de Combarro e o monte de Tragove, aínda que as vistas da ría son case constantes e a ruta permite parar nas numerosas praias que atoparemos ao longo de todo o camiño. Track e altimetrías en Wikiloc. 63km. Ce parcours commence et finit dans la commune de Ribadumia, même si on peut prendre n'importe quel point comme début. Nous proposons cette route dans le sens inverse des aiguilles d'une montre de façon qu'on trouvera la montée au Castrove comme final d'étape pour deux raisons: en cas de fatigue, il est possible de continuer jusqu'à Pontevedra et prendre le train pour retourner à Vilagarcía de Arousa et, la raison la plus importante, la descente du côté de l'Armenteira est moins technique et permet de faire la descente plus vite. En plus, la vue est plus intéressante du côté de la Ría de Pontevedra et la lente montée permettra, alors, se délecter avec les vues et même s'arrêter pour se reposer et profiter des paysages avec plus de calme.
Il s'agit d'un parcours qui prend la route côtière dans la face nord de la Ría de Pontevedra, ce qui veut dire que le chemin est très agréable car on aura toujours la mer à droite, une fois qu'on a atteint la plage de A Lanzada, mais aussi qu'il y aura beaucoup de voitures et du coup le trajet sera un peu dangereux. La route est tracée toujours sur asphalte mais la montée au Castrove est bien dure (voir ci-dessus les graphismes IBP index) donc le degré de difficulté est assez haut. En tout cas, le parcours vaut la peine. Les points d'intérêt sont la plage de A Lanzada et sa petite chapelle, la ville de Combarro et la montagne du Castrove. Mais les vues sur la Ría sont constantes et la route permet de s'arrêter dans les nombreuses plages qu'on trouvera tout au long du chemin. Track et altimétries sur Wikiloc.
0 Comments
Leave a Reply. |
ArchivesCategories |